A Rede de mulleres impulsada en El Salvador define o seu Plan operativo anual

A Rede de mulleres impulsada en El Salvador define o seu Plan operativo anual

Un total de 43 mulleres lideresas participaron na xornada facilitada polo equipo de Las Mélidas, en coordinación con Fundación Mujeres, para dar inicio á planificación do Plan Operativo Anual. Esta xornada tivo unha duración dun día e medio e levou a cabo nas instalacións de Ágape, Sonsonate.

Nun primeiro momento validouse a misión, visión e valores da Rede así como as liñas estratéxicas que se definiron xa nun encontro previo. Posteriormente formáronse grupos por cada unha das accións para o cumprimento das  liñas estratéxicas, enfocadas no autocoidado, autodefensa, o fortalecemento da comunicación, organización e articulación da rede e a incidencia política.

Un dos compromisos máis importantes das mulleres que conforman a rede deben asumir é traballar a sororidade e solidariedade entre elas e non reproducir actitudes patriarcais nin de competencia á hora da toma de decisións.

As mulleres mostraron gran interese en que a rede se puxese de novo en marcha e que se definisen as liñas para o plan operativo anual.

Todo este proceso forma parte das accións realizadas no proxecto “Mulleres salvadoreñas avanzando cara ao cumprimento dos dereitos sexuais e reprodutivos e dunha libre de violencia” executado por Las Mélidas en coordinación con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.

A Rede de mulleres impulsada en El Salvador define o seu Plan operativo anual

A Rede de mulleres impulsada en El Salvador define o seu Plan operativo anual