A corporacion Pushak Kawsay participa do XIII Foro agropecuario de Tungurahua (Ecuador)

A corporacion Pushak Kawsay participa do XIII Foro agropecuario de Tungurahua (Ecuador)

Os días 3, 4 e 5 de decembro tivo lugar o XIII Foro Agropecuario Tungurahua 2021, no Centro de Mercadeo Agropecuario. O evento contou con todas as medidas de bioseguridade necesarias, permitindo a libre mobilidade e circulación entre as persoas participantes.

Para este Evento a Corporación  Pushak  Kawsay – Levando Vida  COPUKA, foi convidada a ser participe. Representantes da devandita Corporación, xunto ao equipo técnico de Fundación Humana, presentaron diferentes produtos derivados da  uvilla como son:  Uvilla  deshidratada,  néctar,  pulpa e marmelada de  uvilla, ademais doutros produtos como o  ceviche e  fritada de  cuy, hortalizas, verduras e froitas foron expostos e comercializados neste foro.

Na inauguración do  XIII Foro, A  Lcda.  Saida  Haig,  Prefecta  Subrogante Provincial, destacou a importancia do traballo interinstitucional para fortalecer a actividade dos produtores, ademais da aplicación da estratexia Agropecuaria co obxectivo de mellorar a tecnificación e ferramentas, recalcando que se o campo está ben a cidade está ben.

A presidenta da Corporación  Pushak  Kawsay,  srta.  Nancy Carrillo na súa intervención ofertou os produtos que, como Corporación actualmente comercializan, informou dos beneficios da  uvilla e impulsou o seu consumo. Fixo énfase nos acordos que a corporación mantén co Goberno provincial para visibilizar e posicionar a produción, transformación e comercialización da  uvilla e outros produtos agropecuarios que permitan o desenvolvemento das produtoras e produtores das 10 Asociacións que conforman a Corporación  Pushak  Kawsay.

No evento participaron ao redor de 30 emprendementos con produtos gastronómicos, artesanías, roupa, calzado, con especies menores, hortalizas, froitas, verduras, etc.

Esta participación desenvólvese no marco do proxecto Kuri Muru: Promovendo o desenvolvemento socio económico do cantón de Ambato, Tungurahua baixo un enfoque de xénero, Fase 2 desenvolvido por Fundación Humana Pobo a Pobo Ecuador en colaboración con Fundación Mujeres e o apoio financeiro da Xunta de Galicia.

A corporacion Pushak Kawsay participa do XIII Foro agropecuario de Tungurahua (Ecuador)

A corporacion Pushak Kawsay participa do XIII Foro agropecuario de Tungurahua (Ecuador)