No marco do proxecto «Prevención de la Violencia de Genero y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega, (Nicaragua) Fase II”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, levouse a cabo un Encontro intercomunitario de reforzamento, no que participaron 72 mulleres provenientes de diferentes comunidades rurais de El Viejo (Chinandega).
O encontro comezou dando a benvida ás participantes, explicando os obxectivos da sesión e agradecéndolles a súa participación no evento.
En segundo lugar, visualízase a película «Dereitos Sexuais e Reprodutivos» e posteriormente créanse tres grupos de traballo para realizar a análise e debate do mesmo, a partir dunha serie de preguntas guía:
1-Como se violentan os Dereitos das Mulleres?
2-Como se Manifesta a violencia cara ás mulleres?
3-Cales son as diferentes formas de dominación que exercen os homes sobre as mulleres?
5- Que son os Dereitos Sexuais?
6-Saúde Sexual e Reprodutiva?
7-Que é violencia de xénero?
8-Como se decide a Planificación Familiar?
9-Como se manifesta o Machismo na nosa comunidade?
Finalmente, e a modo de conclusión, aplícase as fichas de «Auto coido e plans de vida», as cales serán procesadas para identificar o impacto na vida das mulleres e os avances obtidos neste ano de capacitacións.
Ademais, entre as participantes ao encontro contamos coa grata visita de Tamara Castro, Bolseira da Xunta de Galicia na OTC de AECID Nicaragua, así como a coordinadora de APADEIM, Ana Celia Terceiro.