A través da convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero, a Deputación Provincial da Coruña nos brinda de novo a oportunidade de levar Cuidadanas ao medio rural.
É unha iniciativa que vaise consolidando á que imos sumando mais municipios da provincia, intervindo este ano en 7 localidades.
O longo destas semanas estamos contactando cos diferentes territorios para organizar e coordinar o traballo a desenvolver nos próximos meses: difusión, charlas informativas e talleres monográficos. Simultaneamente as interesadas poderán acceder ao punto de acollida e atención individualizada, para recibir información e asesoramento acorde coas súas necesidades, dúbidas e demandas.
Proximamente seguiremos informando sobre as datas e lugares onde se realizarán as actividades ao longo do último cuadrimestre do ano.