Fundación Mujeres continua, un ano mais, co Servicio de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural

Fundación Mujeres continua, un ano mais, co Servicio de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural

O Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural e un proxecto de continuidade que Fundación Mujeres leva a cabo desde fai 9 anos co apoio financeiro da Deputación da Coruña co que se contribue a mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras, excoidadoras e futuras coidadoras favorecendo o exercicio dos seus dereitos e dunha cidadanía activa, a través do seu empoderamento persoal e súa activación social. Desde o seu inicio concíbese como un recurso de información, orientación e acompañamento para o empoderamento persoal e a activación social e laboral das mulleres que como consecuencia dos coidados abandonaron ou relegaron a un segundo plano o seu proxecto vital.

Mediante as actividades grupais nas que participan, se reforzan as relacións sociais a través da interacción con mulleres que están na mesma situación.

As formacións en materia de autocoidado, habilidades de comunicación, corresponsabilidade ou  xestión do tempo, entre outras, pretenden que as mulleres poidan exercer as labores de coidado dunha maneira máis saudable, mellorar a súa calidade de vida e que se minimicen os riscos de saúde que corren na actualidade, asociados a malas prácticas e hábitos prexudiciais en relación ás tarefas que desenvolven como coidadoras.