A través da convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero a Deputación Provincial Da Coruña nos brinda de novo a oportunidade de levar Cuidadanas ao medio rural.
O longo das próximas semanas contactaremos cos diferentes territorios para organizar e coordinar o traballo a desenvolver nos próximos meses: difusión, charlas informativas e talleres monográficos. Simultaneamente as interesadas poderán acceder ao punto de acollida e atención individualizada, para recibir información e asesoramento acorde con necesidades, dúbidas e demandas.
Proximamente seguiremos informando sobre as datas e lugares onde se realizaran as actividades o longo do último cuadrimestre do ano.