Participación activa dos homes en talleres sobre masculinidade e saúde sexual e reprodutiva

Participación activa dos homes en talleres sobre masculinidade e saúde sexual e reprodutiva

A finais de setembro levou a cabo, no marco do proyecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua) Fase 2”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, o obradoiro “La sexualidad masculina, mitos y creencias”  ao que asistiron 8 homes da comunidade Os Playones, Nicaragua.

Durante este taller destácase unha participación activa dos asistentes, compartindo tanto as súas inquietudes como opinións sobre a sexualidade e a importancia de que sexan abordados estes temas desde un enfoque educativo. Un dos participantes manifestou “es que saben, antes no se hablaba de sexualidad porque se pensaba que era malo…..pero es necesario”, mientras que otro afirmó “es bueno saber, aunque uno sea adulto hay cosas que no se saben y es bueno evitar enfermedades”.

Ademais, reflexionouse sobre a maneira en que os homes viven a súa sexualidade, a cal está condiciona por factores sociais que promoven a irresponsabilidade, a carencia afectiva e o control sobre a vida das mulleres. Algúns das mensaxes identificadas e analizadas polos participantes foron “el hombre por ser hombre dicen, no puede perder oportunidades con las mujeres…porque si no dicen que es otra cosa”, “la mujer tiene que servirle al hombre y no puede negarse”, concluíndo que isto debe cambiar.

Para o desenvolvemento do taller se implementaron técnicas participativas o que facilitou que os homes compartisen as súas opinións e experiencias relacionadas á sexualidade.

Participación activa dos homes en talleres sobre masculinidade e saúde sexual e reprodutiva

Participación activa dos homes en talleres sobre masculinidade e saúde sexual e reprodutiva