Desenvolveremos o Programa DANA: Emprego e Emprendemento en Igualdade. Realizaremos obradoiros presenciais e titorizacións individuais co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais. Completaremos o programa con formación en liña, para facilitar a aprendizaxe e fomentar a dixitalización das mulleres.
Formación Presencial::
· Habilidades e competencias para o emprego (12h)
· Motivación e habilidades para o autoemprego (12h)
· Competencias dixitais para o emprego (15h)
· Formación en competencias básicas para o emprego e o auto emprego (9h)
· Formación en liña para a procura de emprego (3h)
Formación online:
· Técnicas de Procura de emprego activa ( 20h)
· Proceso de Selección (10H)
· Manipulación de alimentos (6 h)
Inscríbete a través do enlace pinchando AQUI
Se estás interesada ou coñeces a alguén que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides en contactar con nós:
981 29 40 97 / 660355831.
O proxecto DANA está cofinanciado polo Concello da Coruña, Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social e o Fondo Social Europeo.