O Curso de Creación de Empresa é unha formación semipresencial dirixida a:
- Emprendedoras que desexan analizar a viabilidade do proxecto antes da súa posta en marcha.
- Empresarias que queren estudar a viabilidade do seu negocio co obxectivo de melloralo e consolidalo.
A formación ten carácter gratuíto, e as prazas son limitadas. Ten unha duración de 120 horas, das cales 35 son obrigatorias e presencias e o resto a través do noso Campus Online.
A metodoloxía de traballo é fundamentalmente práctica, o cal combina a eficacia da formación presencial coa flexibilidade da formación online.
Ao longo do trimestre reforzaremos a formación con diversos obradoiros complementarios sobre áreas concretas que seguro serán de grande interese.
As datas presenciais do curso son:
- 10 de marzo: Introdución, Metodoloxías e Ferramentas
- 17 de marzo: Estudo de Mercado
- 31 de marzo: Estudo de Mercado II
- 14 de abril: Plan de Marketing
- 28 de abril: RRHH, Produción e Plan Xurídico
- 12 de maio: Plan Económico Financeiro
- 19 de maio: Plan Económico Financeiro II
Horario: 9.30 – 14.30
Lugar: Centro Cívico Castrillón.
Porémonos en contacto contigo!
981 29 40 97 / 663 20 25 28