No marco do proxecto “Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”, cofinanciado pola Xunta de Galicia e executado por APADEIM e Fundación Mujeres, 29 mulleres de diferentes comunidades rurais de El Viejo viaxaron a Malpaisillo (León) onde asistiron a recoñecementos xinecolóxicos. Este espazo foi aproveitado para reforzar a temática traballada no Encontro Intercomunitario celebrado o 13 de outubro de 2016 sobre «Os meus dereitos na maternidade», xa que algunhas das mulleres non puideron estar presentes aquel día.
Iniciouse a conversa lembrando a proximidade do día 25 de Novembro, as distintas accións institucionais que APADEIM estaría a desenvolver durante 15 días de activismo, así como a historia das irmás Mirabal e o compromiso de seguir traballando pola erradicación da violencia cara ás mulleres. Desta maneira foise profundando nos diferentes tipos de violencia que sufrían as mulleres e vinculándoo co tema a abordar «Os meus dereitos na maternidade».
A maioría das presentes comentaban que tiveran o seu primeiro bebé entre os 15 e os 18 anos e, na actualidade, a media de fillas e fillos era superior a 3. Analizáronse as razóns polas que as mulleres quedaban embarazadas a unha idade tan temperá, entre as cales se sinalaron: noivos a idade temperá, falta de comunicación por parte dos pais e nais, falta de traballo, falta de planificación familiar (uso de anticonceptivos). A maioría das mulleres presentes manifestaron que as súas parellas non vían o coidado dos menores como algo que lles competa.
Algúns dos comentarios rescatados da xornada foron:
“Se piensa que la mujer que no tiene o quiere hijos es porque es cochona (lesbiana)”
“Mi marido me prohibió el baile, salir”
“Si el marido llegaba a la casa y no estaba la comida por yo andar fuera, ahí había problemas”
“Lamentablemente, cuando un hombre ayuda es criticado por los demás hombres y mujeres”.
“yo ahora estoy ya mayor, pero si volviera el tiempo atrás no aguantaría todos los golpes que aguanté”.
“Aguanto por mis hijos”.
“Yo le decía, que no era su mamá que soy su esposa”.
“Mi suegra decía que yo era una mala mujer, porque no estaba todo el día en la casa”.
Tamén se aproveitou a ocasión para conversar sobre «como debe de ser unha nai de acordo á construción social» e como a relixión contribuíra a ese imaxinario. As compañeiras reflexionaban conxuntamente e ían deconstruyendo o «rol da muller nai» e construíndo unha figura da «muller nai» na que o coidar aos demais non fose a finalidade da muller, senón máis ben unha responsabilidade compartida entre os homes e as mulleres. Tamén identificaron os dereitos que tiñan: saír, distraerse, dereito a elixir, dereito a non continuar coa súa parella, dereito á saúde e á discrecionalidad, dereito a continuar estudando, dereito a unha sexualidade libre, dereito a divertirse, dereito a un traballo digno, entre outros.