O próximo 20 de Setembro comeza a edición de tarde dos obradoiros dirixidos a mulleres en búsqueda de emprego que estamos a realizar no noso programa de emprego.
O obxectivo do programa é o desenvolvemento das habilidades persoais e sociais para a mellora da empregabilidade; para acadalo ofrecemos formación, asesoramento e orientación laboral para a procura de emprego, incluído o emprego por conta propia e o emprendemento.
O programa divídese en catro módulos:
- Módulo 1: Habilidades e competencias para o emprego
- Módulo 2: Habilidades e competencias para o autoemprego
- Módulo 3: Competencias dixitais para o emprego
- Módulo 4: Habilidades e competencias básicas para o emprego e o autopemprego. Plataforma + Competencias.
O horario de realización dos obradoiros será de 16:30 ata 19:30, e terán lugar no Centro Cívico Castrillón.
Se estás interesada ou coñeces a algunha muller que consideres lle poida ser de utilidade, non dubides contactar connosco no mail galicia@fundacionmujeres.es ou nos teléfonos 981 29 40 97 / 663 20 23 80.
Este servizo ofrécese no marco de dous proxectos: DANA, financiado polo FSE dentro do Programa POISES e o Concello da Coruña, e o Programa de Emprego e Emprendemento para Mulleres en situación de especial vulnerabilidade financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.