Fundación Mujeres continua, un ano mais, co Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no municipio da Coruña

Fundación Mujeres continua, un ano mais, co Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no municipio da Coruña

Fundación Mujeres, co apoio financeiro do Concello da Coruña, continua co Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, un proxecto que nos permite mellorar a súa saúde e calidade de vida, fomentando a súa participación en actividades de autocoidado e de participación social, así como o exercicio dunha cidadanía activa. Con este programa poñemos á súa disposición información e asesoramento individualizado, talleres e outras actividades grupais para que, entre outras cousas, reforcen as súas relacións sociais a través da interacción con outras mulleres que están en situacións similares.

A formacións en materia de autocoidado, habilidades de comunicación, corresponsabilidade e xestión do tempo, entre otras, pretenden que as mulleres poidan exercer as labores de coidado dunha maneira máis saudable, mellorar a súa calidade de vida e que se minimicen os riscos de saúde que corren na actualidade, asociados a malas prácticas e hábitos prexudiciais en relación ás tarefas que desenvolven como coidadoras. Desta forma fomentamos o seu empoderamento persoal durante toda a intervención.

Se queres informarte ou coñecer as actividades que temos programadas podes consultar a nosa axenda ou chamar ao 981 294 097 (ext. 6001).

ESPERÁMOSCHE!