Fundación Mujeres levou a cabo unha charla informativa para familiares en ASPACE

Fundación Mujeres levou a cabo unha charla informativa para familiares en ASPACE

O venres 26 de maio Fundación Mujeres levou a cabo unha charla de difusión deste Servizo nas instalación de ASPACE en Castelo-Sada.

Tratase dun Servizo de apoio integral a mulleres coidadoras non profesionais de persoas dependentes do medio familiar que desenvolve a Fundación Mujeres co apoio da Deputación da Coruña para mellorar a súa calidade de vida e fomentar o autocoidado.

A resposta das familias foi moi positiva e plantexaron iniciar obradoiros despois do verán nas instalacións de ASPACE.

Agradecer a esta entidade o espazo cedido e a sua colaboración neste Proxecto.