O obxectivo do programa é o desenvolvemento das habilidades persoais e sociais para a mellora da empregabilidade; para acadalo ofrecemos formación, asesoramento e orientación laboral para a procura de emprego, incluído o emprego por conta propia e o emprendemento. No marco do programa DANA. Co financiamento Fondo Social Europeo – Programa Operativo de Inclusión Social y Economía Social (POISES)
Cada vez mais precisamos mellorar as nosas habilidades á hora de buscar traballo, por exemplo:
- Como afrontar unha entrevista de traballo?
- Como facer que as miñas redes sociais me axuden a buscar emprego?
- Teño unha idea de negocio, como podo darlle forma?
Daremos comezo estas xornadas analizando outro xeito de chegar ao emprego: O emprendemento!
- Algunha vez pensache en ter o teu propio negocio?
- Tes unha idea que queres explorar?
- Nunca o pensaches, pero ves que pode ser unha vía?
Podes consultar toda a información desta formación aquí: DANA Emprego A Coruña
Se estás interesada ou coñeces a algunha muller á que poida ser de utilidade, contacta connosco
para reservar a túa praza:
galicia@fundacionmujeres.es
981 29 40 97 – 660 35 58 31