Boletín informativo nº4: Los números hablan la realidad de la violencia basada en género (2015)

Boletín informativo nº4: Los números hablan la realidad de la violencia basada en género (2015)

Unha das actividades enmarcadas no proxecto «Prevención de la Violencia de Género y mejora de la Salud Sexual y Reproductiva de las mujeres en 10 comunidades de El Viejo, Chinandega (Nicaragua)”,  cofinanciado pola Xunta Galicia e promovido por APADEIM e Fundación Mujeres, é a elaboración de boletíns informativos coa información recollida, analizada e procesada sobre violencia e saúde sexual e reprodutiva en Nicaragua e de maneira máis específica en 10 comunidades rurais do municipio de El Viejo en Chinandega.

Nesta primeira edición do boletín en 2015, «Los números hablan de la realidad de la violencia basada en género» recóllese información estatística sobre a situación da violencia baseada en xénero e a saúde sexual e reprodutiva das mulleres nicaraguanas, acompañado dunha análise contextual sobre o tema. A análise realizada coa información recollida, pretende determinar a magnitude da violencia de xénero exercida contra as mulleres no municipio de El Viejo, así como a valoración do contexto actual en canto á súa saúde sexual e reprodutiva.

O boletín está estruturado da seguinte maneira:

  • Un primeiro apartado onde se presentan datos estatísticos do primeiros sete meses do presente ano 2015, a nivel nacional, departamental e municipal. Durante este período contabilizáronse 39 femicidios, nas súas diferentes manifestacións, ocorridas en contra de mulleres nicaraguanas entre os meses de xaneiro a xullo do 2015, o 11% foron cometidos cara a menores de idade (entre os 3 e 10 anos).
  • Nun segundo apartado do boletín, preséntase un artigo coas novidades máis recentes respecto da lexislación actual e a súa relación coa vida práctica das mulleres. Concretamente, neste número infórmase da entrada en vigor do Código da Familia en Nicaragua.
  • Nas últimas páxinas do presente boletín, recóllese información sobre algunhas das actividades realizadas desde APADEIM para contribuír á prevención da violencia e a mellorar a saúde sexual e reproductiva das mulleres, e facilítase un directorio de recursos locais existentes na materia.

Coincidindo coa publicación do boletín realizouse unha reunión de análise en formato de mesas de traballo con líderes e lideresas das 10 comunidades obxecto do proxecto, ademais do funcionariado e autoridades locais implicadas, para facer unha lectura crítica desa información e a partir disto elaborar un plan de acción de prevención.