No mes de abril comezamos unha nova edición do curso semipresencial de creación de empresas na Coruña, no marco do proxecto ACTÍVATE CREANDO EMPRESAS financiado pola Xunta de Galicia. Nesta formación analizaremos a viabilidade das empresas e estudaremos os proxectos desde un punto de vista estratéxico.
Se queres poñer en marcha un proxecto, ou reformular a túa empresa, este curso é para ti.
Esta formación gratuíta inclúe 9 sesións presenciais: 4 martes no mes de abril, 4 martes no mes de maio e 1 martes en xuño en horario de 9:30 a 14:30h. O resto do traballo farémolo nun campus online e con titorías individuais para asesorar a cada proxecto de forma personalizada. Máis info sobre o curso.
O curso rematará o día 19 de xuño cunha xornada de presentación de proxectos no marco dun encontro networking entre emrpendedoras e empresarias.
Unha vez rematado o curso, na Fundación MUJERES apoiámoste para buscar financiamento e poñer en marcha o teu proxecto.
Se estás interesada, consulta as datas e INSCRÍBETE NESTE FORMULARIO. Poñerémonos en contacto contigo.
As prazas son limitadas!