XVII Edición Curso de Creación de Empresas en A Coruña

11-02-2015 / Fundación Mujeres A Coruña
XVII Edición Curso de Creación de Empresas en A Coruña

O vindeiro 11 de marzo comeza a XVII edición do curso gratuíto de Creación de Empresas na delegación de A Coruña da Fundación MUJERES, financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Este curso está dirixido a aquelas mulleres emprendedoras que desexen pór en marcha unha idea de negocio, así como a empresarias de recente creación que queiran confirmar e validar a viabilidade da súa empresa.

O curso divídese en 7 sesións presenciais, traballo a través do noso campus online e tutorías individuais para asesorar a cada proxecto de forma personalizada.

As prazas son limitadas, polo que as mulleres interesadas deben inscribirse canto antes a través do seguinte FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

Unha vez finalizado o plan de empresa, Fundación Mujeres dá apoio na procura de financiamento e na posta en marcha da empresa.

As interesadas poden solicitar máis información na delegación de Fundación Mujeres en A Coruña, situada na Avda. de Monelos, 121, 1º Dta., a través do teléfono 981294097 ou enviando un correo a seguinte dirección asesoriagalicia@fundacionmujeres.net

Detalles del evento

Fecha de inicio: 11-02-2015

Fecha de fin: 11-03-2015

Lugar: Fundación Mujeres A Coruña

Ciudad: A Coruña