O vindeiro día 21 de xullo reunímonos de novo na Coruña nunha xornada sobre emprendemento, no marco do proxecto «Acívate Creando Empresas» financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
A xornada, titulada «Comunica, comparte, fai networking…«, celebrarase en horario de 9:30 a 13:45 no Centro Municipal Accede Papagaio da Coruña, e temos preparado un interesante Programa: información sobre recursos para emprender, minuto de ouro para empresarias, presentación de proxectos de emprendedoras, café networking e empresarias compartido as súas experiencias.
Para asistir, unicamente has de cobrir este FORMULARIO. A que estás agardando? Vémonos alí!