Hoxe, martes 28 de outubro de 2014 ás 19:00h, terá lugar no Centro Cultural do Concello da Guarda (Rúa Rosalía de Castro 14 – A Guarda) a Xornada Final do PROXECTO RAPE “Revalorización das Actividades femininas na PEsca”, promovido polo Concello da Guarda dentro dos fondos xestionados polo GAC-7 Ria de Vigo-A Guarda e cofinanciados pola Consellería de Medio Rural e do Mar e o Fondo Europeo da Pesca.
O PROXECTO RAPE naceu en 2013 co obxectivo principal de contribuír ao recoñecemento económico e social das mulleres que forman parte do sector pesqueiro dun xeito indirecto, a través de accións de visibilización e sensibilización.
O acto contará coa presenza do Alcalde do Concello da Guarda, D. José Manuel Dominguez Freitas, a Directora de Ordenación Pesqueira, Dña. Susana Rodríguez, a Red de Mujeres Españolas en la Pesca, Fundación Mujeres, FUNDAMAR, todas as participantes do proxecto e persoal da Administración Pública con competencias en materia de Igualdade.
A xornada será amenizada pola actuación da agrupación Coiro Vello.