O vindeiro día 20 de decembro reunímonos de novo na Coruña nunha xornada sobre emprendemento, no marco do proxecto «Activa tu Emprendimiento» cofinanciado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social a través do FSE.
A xornada, titulada «Camiñando cara o emprendemento: un camiño cheo de etapas«, celebrarase en horario de 9:30 a 13:30 no Centro Municipal Accede Papagaio da Coruña, e temos preparado un interesante Programa: información sobre microcréditos e outros recursos para emprender, presentación de proxectos de emprendedoras, café networking e unha actividade grupal. Podes consultar aquí o PROGRAMA.
Para asistir, unicamente has de inscribirte AQUI.