X Encontro de emprendedoras e empresarias: “O emprendemento, unha carreira de fondo”.

14-01-2015 / Centro Municipal Empresas A Grela (A Coruña)
X Encontro de emprendedoras e empresarias: "O emprendemento, unha carreira de fondo".

Fundación Mujeres organiza na Coruña unha xornada gratuíta para emprendedoras e empresarias, no marco das actuacións do Servizo de Creación e Consolidación de Empresas. Será o vindeiro mércores 14 de xaneiro pola mañá, no Centro Municipal de Empresas A Grela.

A finalidade desta Xornada é crear un espazo de encontro entre emprendedoras, empresarias e entidades que apoian o emprendemento das mulleres.

Nesta edición do Encontro, varias empresarias​ cunha ampla traxectoria contarán a súa experiencia no emprendemento, como carreira de fondo.

Contaremos ademais cun panel institucional con representantes do IGAPE, AFIGAL e a Cámara de Comercio da Coruña. Antes do descanso networking, varias das alumnas que remataron en decembro a XVI Edición do curso de creación de empresas, presentarán os seus proxectos.

Pódese consultar aquí o Programa.

A xornada está aberta a calquera emprendedora, empresaria ou persoa con interese na temática, previa inscrición no seguinte Formulario.

Detalles del evento

Fecha de inicio: 14-01-2015

Fecha de fin: 14-01-2015

Lugar: Centro Municipal Empresas A Grela (A Coruña)

Ciudad: A Coruña

Documentación adicional: Descargar