Taller para obtención do Certificado Dixital A Coruña

23-04-2015 / Centro Cívico Monelos

¿Queres obter o teu certificado dixital e aprender a utilizalo?

Sabemos que a obtención do certificado dixital é un proceso un pouco complexo que pode facernos perder moitas horas na súa instalación, pero as súas vantaxes compensan este traballo incial: aforraremos tempo e desprazamentos para realizar trámites coa administración. Por iso propoñémosvos este taller para obter o certificado e deixar o equipo listo para a súa utilización.

¿Cales son os obxectivos da formación?
1. Saber que é o certificado dixital e para que serve
2. Obter e descargar o teu certificado dixital e poñer o teu ordenador a punto para utilizalo
3. Aprender e practicar a utilización do certificado dixital de maneira real en trámites online

DATAS: XOVES 23 E XOVES 30 DE ABRIL
HORA: DE 10 A 13H
LUGAR: CENTRO CÍVICO MONELOS (Av. Monelos, 2A – A Coruña)

INSCRÍBETE AQUÍ

FORMACIÓN GRATUITA E PRÁCTICA
Cada alumna deberá levar un portátil ou tableta para poder solicitar e instalar o seu certificado dixital.

Máis info en asesoriagalicia@fundacionmujeres.es ou no teléfono 981294097.

Detalles del evento

Fecha de inicio: 23-04-2015

Fecha de fin: 30-04-2015

Lugar: Centro Cívico Monelos

Dirección: Av. Monelos, 2A

Ciudad: A Coruña