O vindeiro xoves 17 de decembro organizamos unha formación sobre financiamento na Coruña. Será na aula de informática do Centro Cívico Castrillón.
A encargada de impartir esta formación é María Travieso, asesora do proxecto «Aprende a Financiarte«, iniciativa das Cámaras de Comercio realizada con fondos FEDER.
Nesta sesión de dúas horas, María Travieso nos dará pautas a ter en conta á hora de solicitar financiamento, e nos guiará a través da web aprendeafinanciarte.com, para sacarlle todo o partido a esta ferramenta.
Se estás interesada en asistir a esta formación gratuita, unicamente debes inscribirte AQUÍ