Programa DANA: Emprego y emprendemento en igualdade en Culleredo

15-10-2018 / Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso”
Programa DANA: Emprego y emprendemento en igualdade en Culleredo

Dende Fundación Mujeres en colaboración co concello de Culleredo levamos o programa DANA: Emprego e Emprendemento á área metropolitana do Concello de A Coruña.

Realizaranse obradoiros presenciais e titorizacións individuais co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.

 

Os obradoiros dividiranse en cinco módulos, sendo a data de inicio o día 15 de outubro:

Módulo 1:Habilidades e competencias para o emprego

Módulo 2: Habilidades e competencias para o autoemprego

Módulo 3:Competencias dixitais para o emprego

Módulo 4:Habilidades e competencias básicas para o emprego e o autoemprego 

Módulo 5: Formación para a procura de emprego online. 

 

 

Se estás interesada ou coñeces a alguén que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides en contactar connosco a través do mail galicia@fundacionmujeres.es e os telfs.: 981 29 40 97 /  660355831.

 

O proxecto DANA está financiado polo o Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES).

Detalles del evento

Fecha de inicio: 15-10-2018

Fecha de fin: 24-11-2018

Fecha de fin de inscripción: 12-10-2018

Lugar: Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso”

Ciudad: A Coruña