Os Premios ALECRÍN-ALACRÁN , foron creados no ano 1.989 coa finalidade de sensibilizar á sociedade da discriminación na que viven as mulleres.
Ata o ano 2009
O Premio Alecrín otorgábase a quen destacara na defensa dos dereitos das mulleres
O Premio Alacrán otorgábase a quen actuara, de xeito notorio, en detrimento dos dereitos das mulleres
A partir do ano 2009…
O Grupo de Estudios Sobre a Condición da Muller “ALECRIN”, con motivo da Edición dos Premios “ALECRIN-ALACRÁN”2009, e despois de facer unha valoración dos mesmos ao longo de dazanove anos, toma a decisión de modificar a súa estructura por considerar que os obxectivos polos que foron concebidos premio-castigo, mantiveron a liña de concienciación, conquerindo o rexeitamento da sociedade dos castigados, unha sociedade onde na actualidade calquera actitude discriminatoria, vexatoria ou de Vulneración dos Dereitos Fundamentais das mulleres se pode denunciar co amparo da Constitución Española, Lei de Igualdade e Lei Integral Contra a Violencia de Xénero.
ALECRIN, continuará implicándose na defensa dos dereitos das mulleres como o viu facendo dende sempre e coa independencia que viu mostrando ao longo dos anos da súa existencia.
Mantemos o Premio ALECRIN por considerar que é preciso destacar a todas aquelas persoas, moitas veces silenciadas, esquencidas, minusvaloradas ou insuficientemente recoñecidas, ás que premiaremos con este galardón.
Entrada aberta a todo público