O vindeiro 11 de novembro organizamos unha nova formación gratuíta para emprendedoras e empresarias na Coruña.
A fotógrafa Diana Fajardo impartirá este obradoiro de fotografía de produto, que ten como obxectivo mellorar as fotografías que compartimos na web e nas redes sociais da nosa empresa.
Aprenderemos nocións básicas de fotografía -luz, calidade, composición-, e analizaremos diversas imaxes para descobrir como facelas. Veremos que cunhas regras sinxelas, e o apoio de ferramentas caseiras, podemos mellorar moito as fotografías.
Trae a túa cámara ou o móbil para aprender a sacarlles partido!
Para asistir, unicamente terás quer inscribirte aquí.