Obradoiro Fotografía de Produto – A Coruña

11-11-2015 / Centro Cívico Monelos

O vindeiro 11 de novembro organizamos unha nova formación gratuíta para emprendedoras e empresarias na Coruña.

A fotógrafa Diana Fajardo impartirá este obradoiro de fotografía de produto, que ten como obxectivo mellorar as fotografías que compartimos na web e nas redes sociais da nosa empresa.

Aprenderemos nocións básicas de fotografía -luz, calidade, composición-, e analizaremos diversas imaxes para descobrir como facelas. Veremos que cunhas regras sinxelas, e o apoio de ferramentas caseiras, podemos mellorar moito as fotografías.

Trae a túa cámara ou o móbil para aprender a sacarlles partido!

Para asistir, unicamente terás quer inscribirte aquí.

Detalles del evento

Fecha de inicio: 11-11-2015

Fecha de fin: 11-11-2015

Lugar: Centro Cívico Monelos

Dirección: Av. Monelos, 2A

Ciudad: A Coruña