Tes unha idea de negocio? Queres facer unha primeira análise sobre a viabilidade de crear a túa empresa? Queres averiguar as túas capacidades como emprendedora?
Nesta sesión formativa de 4 horas de duración, trataremos todas estas cuestións, así como os primeiros pasos que debes dar para poñer en marcha a túa empresa.
Se estás interesada en asistir, inscríbete xa aquí! É unha formación gratuita!
Para máis información, podes chamar á delegación de Galicia da Fundación Mujeres: 981294097, ou enviar un correo electrónico a asesoriagalicia@fundacionmujeres.es