Dirigido a: Mulleres da comunidade autónoma de Galicia (provincias de A Coruna, Lugo e Pontevedra) que sexan ou teñan sido coidadoras de persoas dependentes no ámbito familiar, especialmente usuarias do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras.
Requerimientos técnicos: Dispor de móvil ou PC con conexión a internet para poder acceder á sesión Google Meet.
Número máximo de prazas: 15
Datas de celebración: Do 13 de abril ao 28 de maio de 2021
Prazo de inscripción: 8 de abril de 2021
A través deste itinerario formativo ofrecense coñecementos e ferramentas dirixidas a mellorar a saúde e a calidade de vida das mulleres coidadoras non profesionais no ámbito familiar, fomentando o autocoidado, a xestión emocional e do tempo, asi como mellorar as nosas habilidades de comunicación nas nosas relacións interpersoais. Concretamente traballaranse os seguintes contidos:
- Taller de Saúde e Autocoidado “Quen coida de min?”. Martes 13 e 20 de abril (De 10:30-12:30h)
- Taller de Xestión Emocional “EmocionArte. El arte de las emociones”. Martes 27 de abril e 4 de maio (De 10:30-12:30h)
- Taller de Xestión do tempo “O meu tempo, o meu lecer”. Martes 11 de maio (De 10:30-12:30h)
- Taller de Escoita activa “Se me escoito, te escoito”. Martes 18 e 25 de maio (De 10:30-12:30h)
- Taller de Confianza e Seguridade nas Redes “Trasteando por internet”. Martes 18 e 25 de maio (De 10:30-12:30h)
Se estás interesada en participar, apúntate a través do formulario de inscripción ou, se tes algunha dúbida ponte en contacto con nos a través do teléfono 981 294 097 (ext. 6001/6006) ou envía un correo a saicgalicia@fundacionmujeres.es e explicaremosche cómo participar.
Esperámosche!
Esta actividade desenvolvese no marco do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.