A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións de repulsa polo asasinato de Catro mulleres no estado español e pola agresión a outra muller na Galiza
A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en distintas cidades galegas para denunciar un novo ataque contra os dereitos, a dignidade e a vida das mulleres.No día de onte en Valencia, Cadiz, Madrid e Valladolid foron asasinadas catro mulleres a mans dos seus excompañeiros. Hoxe mesmo, outra muller foi atacada en Poio.
Todas e todos temos que lembrar que debemos implicarnos na loita contra a violencia sobre as mulleres
É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista