Dirixido a: Mulleres desempregadas na procura de mellora laboral, mozas sen experiencia, maiores de 45 anos, mulleres de familias monoparentais, residentes no rural.
Prazas dispoñibles: 15
¿Necesitas axuda para buscar traballo a través de internet?
Nestas formacións presenciais no Concello de Ponteceso, abordaremos aspectos como: a optimización da busca de emprego en internet, as redes e portais de emprego, o currículo vitae e recursos de formación online gratuítos, entre outros.
A formación realizarase na aula de informática do Centro Cultural de Ponteceso (MELGA), en horario de 10 a 14 horas, nas seguintes datas:
- 13, 20 e 27 de Marzo de 2024
- 3, 10, 17 e 24 de Abril de 2024
- 8, 15, 22 e 29 de Maio de 2024
Para máis información contacta no teléfono 981294097 (ext. 6005) ou escribe á dirección de e-mail galicia@fundacionmujeres.es
¡Anímate e participa!
Esta actividade forma parte do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo + (2021ES05SFPR003) e conta co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.