Dirixido a: Mulleres desempregadas na procura de mellora laboral, mozas sen experiencia, maiores de 45 anos, mulleres de familias monoparentais, residentes en A Coruña.
Prazas dispoñibles: 15
¿Necesitas axuda para buscar traballo a través de internet?
Nestas formacións presenciais no Concello de A Coruña, abordaremos aspectos como: a optimización da busca de emprego en internet, as redes e portais de emprego, o currículo vitae e recursos de formación online gratuítos, entre outros.
A formación realizarase, en horario de 10 a 14 horas, no FÓRUM METROPOLITANO, nas seguintes datas:
- Martes 21 de maio: Habilidades sociais
- Martes 28 de maio: Condicións laborais
- Martes 4 de xuño: Competencias profesionais
- Martes 11 de xuño: Obxectivo profesional e autoemprego
- Luns 10 de xuño: Habilidades sociolaborais no mercado de traballo
- Luns 17 de xuño: Habilidades sociolaborais para a busca de emprego
- Martes 18 de xuño: Usando o meu ordenador para a miña busca de emprego (1)
- Martes 25 de xuño: Usando o meu ordenador para a miña busca de emprego (2)
- Martes 2 de xullo: Estratexias de busca de emprego en internet (1)
- Martes 9 de xullo: Estratexias de busca de emprego en internet (2)
Para máis información contacta no teléfono 981 294 097 / 660 355 831 ou escribe á dirección de e-mail galicia@fundacionmujeres.es
¡Anímate e participa!
Esta actividade forma parte do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo + (2021ES05SFPR003) e conta co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e o Concello de A Coruña.