Dirixido a: Mulleres desempregadas na procura de mellora laboral, mozas sen experiencia, maiores de 45 anos, mulleres de familias monoparentais, residentes no medio rural.
Prazas dispoñibles: 15
¿Necesitas axuda para buscar traballo a través de internet?
Nestas formacións presenciais no Concello de Caldas de Reis, abordaremos aspectos como: a optimización da busca de emprego en internet, as redes e portais de emprego, o currículo vitae e recursos de formación online gratuitos, entre outros.
A formación realizarase, en horario de 10 a 14 horas, no CIM (Centro de Información á Muller) de Caldas, nas seguintes datas:
- Mércores 26 de febreiro: Habilidades sociais
- Mércores 5 de marzo: Condicións laborais
- Mércores 12 de marzo: Competencias profesionais
- Mércores 19 de marzo: Habilidades sociolaborais no mercado de traballo
- Mércores 26 de marzo: Habilidades sociolaborais para a busca de emprego
- Mércores 2 de abril: Usando o meu ordenador para a miña busca de emprego (1)
- Mércores 9 de abril: Usando o meu ordenador para a miña busca de emprego (2)
- Mércores 16 de abril: Estratexias de busca de emprego en internet (1)
- Mércores 23 de abril: Estratexias de busca de emprego en internet (2)
- Mércores 30 de abril: Actividade de Reforzo (preparación da entrevista laboral)
- Mércores 7 de maio: Actividade de Reforzo (preparación da entrevista laboral)
Ademais, realizarase a seguinte formación online:
- Curso de Manipulación de alimentos e control de alérxenos (10 horas)
- Procesos de selección (10 horas)
- Técnicas de busca activa de emprego (TBAE, 20 horas)
Para máis información contacta no teléfono 981 294 097 / 660 355 831 ou escribe á dirección de e-mail: galicia@fundacionmujeres.es
¡Anímate e participa!
Esta actividade forma parte do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo + (2021ES05SFPR003) e conta co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.