Dirixido a: Mulleres coidadoras, ex coidadoras e potenciais coidadoras, que estean en risco de desactivación ou inactivas en xeral que levan moito tempo apartadas do mercado laboral e da participación social pola súa dedicación á familia.
Prazas dispoñibles: 15
Contido: Abordaranse temáticas tanto para mellorar o teu empoderamento persoal como a túa activación social e/ou laboral, sempre adaptadas ás necesidades que vaian xurdindo no grupo.
- “Emocionarte”: Traballarase para desenvolver estratexias para expresar e xestionar as emocións de maneira saudable, encamiñadas a aumentar a autoestima e mellorar a comunicación das persoas coidadoras ca súa contorna.
- “Como poñer limites”: Desenvolver habilidades de comunicación para mellorar as relacións sociais e a toma de decisións.
- Taller de prevención do acoso na rúa “StandUp”, onde se aportarán ferramentas para responder sen perigo e con seguridade tanto se somos testigos como víctimas deste tipo de acoso.
¡Anímate a participar!
Se precisas máis información ou estás interesada en participar neste itinerario en Santa Comba, podes contactar connosco a través do teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006).
Esta actividade está cofinanciada pola Deputación de A Coruña e enmárcase no SAIC no medio rural 2026.