Dirixido a: Mulleres coidadoras, ex coidadoras e potenciais coidadoras, que estean en risco de desactivación ou inactivas en xeral que levan moito tempo apartadas do mercado laboral e da participación social pola súa dedicación á familia.
Prazas dispoñibles: 15
Contido: Abordaranse temáticas tanto para mellorar o teu empoderamento persoal como a túa activación social, sempre adaptadas ás necesidades que vaian xurdindo no grupo.
- “Quen coida de min”: Mellorar a calidade de vida e o benestar fomentando o autocoidado, os hábitos saudables e a autoestima das mulleres dende a óptica do empoderamento.
- “Emocionarte”: Desenvolver estratexias para expresar e xestionar as emocións de maneira saudable, encamiñadas a aumentar a autoestima e mellorar a comunicación das persoas coidadoras ca súa contorna.
- “Xestionando a culpa”: Obter as claves para xestionar a culpa de forma saudable y así mellorar a relación con nós mesmas e o noso entorno.
- “O meu tempo, a miña organización”: Analizar como se emprega o tempo cada día e se hai algunha área que se estea descoidado e que sería conveniente recuperar.
- “Rumbo a miña vida”: Construír un proxecto vital que non só estea centrado no coidado e que responda os intereses e obxectivos destas mulleres.
¡Anímate a participar!
Se precisas máis información ou estás interesada en participar neste itinerario en Bergondo, podes contactar connosco a través do teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006).
Esta actividade está cofinanciada pola Deputación de A Coruña e o Concello de Bergondo enmárcase no SAIC no medio rural 2026.