Dirixido a: Mulleres coidadoras, ex coidadoras e potenciais coidadoras, que estean en risco de desactivación ou inactivas en xeral que levan moito tempo apartadas do mercado laboral e da participación social pola súa dedicación á familia.
Prazas dispoñibles: 15
Contido: Abordaranse temáticas tanto para mellorar o teu empoderamento persoal como a túa activación social e/ou laboral, sempre adaptadas ás necesidades que vaian xurdindo no grupo.
- “Quen coida de min”: Ten como obxectivo mellorar a calidade de vida e o benestar fomentando o autocoidado, os hábitos saudables e a autoestima das mulleres dende a óptica do empoderamento.
- “Emocionarte”: Traballarase para desenvolver estratexias para expresar e xestionar as emocións de maneira saudable, encamiñadas a aumentar a autoestima e mellorar a comunicación das persoas coidadoras ca súa contorna.
- “Xestionando a culpa”: ¿Como cambiaría a miña vida se aprendera a transformar a culpa e recuperar o meu poder persoal? Poderás obter as claves para xestionar a culpa de forma saudable e así mellorar a relación con nós mesmas e a nosa contorna.
- “Como poñer limites”: ¿Cústache dicir que non sen sentirte mal? ¿Pos ao resto de persoas por diante de ti demasiado a miúdo? Este taller ten como finalidade desenvolver habilidades de comunicación para mellorar as relacións sociais e a toma de decisións.
¡Anímate a participar!
Podes inscribirte a través do seguinte FORMULARIO
Se precisas máis información ou estás interesada en participar neste itinerario en A Laracha, podes contactar connosco a través do teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006).
Esta actividade está cofinanciada pola Deputación de A Coruña e enmárcase no SAIC no medio Rural 2025.