Dirixido a: Mulleres desempregadas na procura de mellora laboral, mozas sen experiencia, maiores de 45 anos, mulleres de familias monoparentais, residentes en A Coruña.
Prazas dispoñibles: 15
¿Necesitas axuda para buscar traballo a través de internet?
Nestas formacións presenciais no Concello de A Coruña, abordaremos aspectos como: a optimización da busca de emprego en internet, as redes e portais de emprego, o currículo vitae e recursos de formación online gratuítos, entre outros.
A formación realizarase nas seguintes datas:
- Luns 9 de setembro: Habilidades sociais
- Martes 10 de setembro: Condicións laborais
- Luns 16 de setembro: Competencias profesionais
- Martes 17 de setembro: Obxectivo profesional e autoemprego
- Luns 23 de setembro: Habilidades sociolaborais no mercado de traballo
- Martes 24 de setembro: Habilidades sociolaborais para a busca de emprego
- Luns 30 de setembro: Usando o meu ordenador para a miña busca de emprego (1)
- Martes 1 de outubro: Usando o meu ordenador para a miña busca de emprego (2)
- Luns 7 de outubro: Estratexias de busca de emprego en internet (1)
- Martes 8 de outubro: Estratexias de busca de emprego en internet (2)
- Luns 14 de outubro: Actividades de Reforzo
Ademais, realizarase a seguinte formación online:
- Curso de Manipulación de alimentos e control de alérxenos (10 horas)
- Procesos de selección (10 horas)
- Técnicas de busca activa de emprego (TBAE, 20 horas)
Para máis información contacta no teléfono 981 294 097 / 660 355 831 ou escribe á dirección de e-mail galicia@fundacionmujeres.es
¡Anímate e participa!
Esta actividade forma parte do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo + (2021ES05SFPR003) e conta co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e o Concello de A Coruña.