III Edición Itinerario Emprego en A Coruña

09-09-2024/ Fórum Metropolitano

Dirixido a: Mulleres desempregadas na procura de mellora laboral, mozas  sen experiencia, maiores de 45 anos, mulleres de familias monoparentais, residentes en A Coruña.

Prazas dispoñibles: 15

¿Necesitas axuda para buscar traballo a través de internet? 

Nestas formacións presenciais no Concello de A Coruña, abordaremos aspectos como: a optimización da busca de emprego en internet, as redes e portais de emprego, o currículo vitae e recursos de formación online gratuítos, entre outros.

A formación realizarase nas seguintes datas:

  • Luns 9 de setembro: Habilidades sociais
  • Martes 10 de setembro: Condicións laborais
  • Luns 16 de setembro: Competencias profesionais
  • Martes 17 de setembro: Obxectivo profesional e autoemprego
  • Luns 23 de setembro: Habilidades sociolaborais no mercado de traballo
  • Martes 24 de setembro: Habilidades sociolaborais para a busca de emprego
  • Luns 30 de setembro: Usando o meu ordenador para a miña busca de emprego (1)
  • Martes 1 de outubro: Usando o meu ordenador para a miña busca de emprego (2)
  • Luns 7 de outubro: Estratexias de busca de emprego en internet (1)
  • Martes 8 de outubro: Estratexias de busca de emprego en internet (2)
  • Luns 14 de outubro: Actividades de Reforzo

Ademais, realizarase a seguinte formación online:

  • Curso de Manipulación de alimentos e control de alérxenos (10 horas)
  • Procesos de selección (10 horas)
  • Técnicas de busca activa de emprego (TBAE, 20 horas)

Para máis información contacta no teléfono 981 294 097 / 660 355 831 ou escribe á dirección de e-mail galicia@fundacionmujeres.es

¡Anímate e participa!

Esta actividade forma parte do Programa Estatal FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo + (2021ES05SFPR003) e conta co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e o Concello de A Coruña.

Detalles del evento

Fecha de inicio: 09-09-2024

Fecha de fin: 14-10-2024

Fecha de inicio de inscripción: 24-07-2024

Fecha de fin de inscripción: 06-09-2024

Lugar: Fórum Metropolitano

Ciudad: A Coruña