Habilidades para o Emprego e o Emprendimento en Ordes

21-05-2018 / Local Social
Habilidades para o Emprego  e o Emprendimento en Ordes

O próximo 21 de Maio dará comezo a edición en Ordes dos obradoiros gratuítos dirixidos a mulleres en búsqueda de emprego do Programa «Activa Tu Emprendimiento«, financiado polo FSE e a Dirección Xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Esta formación divídese en catro módulos de formación presencial e un módulo online (con apoio presencial).

Os obradoiros serán  do 21 de maio ao 4 de xuño en horario de 9:30 a 13:30 de mañá. Consulta aquí o calendario da formación.

A través desta formación concretarás mellor o teu obxectivo laboral, desenvolverás as túas habilidades e competencias para o emprego e emprendimento e mellorarás a procura de emprego empregando as técnicas máis adecuadas e os recursos que ofrecen as novas tecnoloxías e Internet. Como participante nesta formación recibirás ademáis de forma gratuíta orientación laboral individual.

Se estás interesada Reserva a túa praza!

Infórmate no CIM de Ordes ou no departamento de Emprego Emprendemento Fundación Mujeres:

981 682 108 / 981 29 40 97

Detalles del evento

Fecha de inicio: 21-05-2018

Fecha de fin: 14-05-2018

Fecha de fin de inscripción: 18-05-2018

Lugar: Local Social

Ciudad: Concello de Ordes