Habilidades para o emprego e o emprendemento en Muros

17-09-2018 / Casa da Cultura - Aula CEMIT
Habilidades para o emprego e o emprendemento en Muros

O próximo 17 de setembro dará comezo un obradoiro gratuíto dirixido a mulleres en busca de emprego do Programa DANA. Esta formación divídese en catro módulos de formación presencial e un online (con apoio presencial).

Os obradoiros serán de luns a venres de 09.30 a 13.30h desde o 17 de setembro ata o 01 de outubro.

A través desta formación concretarás mellor o teu obxectivo laboral, desenvolverás as túas habilidades e competencias para o emprego. Farás mais visible o teu perfil profesional co uso das técnicas máis axeitadas que ofrecen as novas tecnoloxías e Internet. Como participante nesta formación recibirás ademáis de forma gratuíta orientación laboral individual no marco do programa DANA financiado polo FSE dentro do Programa POISES.

Se estás interesada ou coñeces a algunha muller á que poida ser de utilidade, contacta connosco para reservar a túa praza:

Contacta con nós:                                           Contacta co teu concello:

981 29 40 97 – 660 35 58 31                           981 76 24 65 / 981 82 60 50

galicia@fundacionmujeres.es

Detalles del evento

Fecha de inicio: 17-09-2018

Fecha de fin: 01-10-2018

Fecha de fin de inscripción: 14-09-2018

Lugar: Casa da Cultura - Aula CEMIT

Ciudad: Muros