Comezamos unha nova edición do proxecto GIRA Mujeres, co obradoiro «Encuentra tu ruta». Será os días 5 e 6 de outubro na Coruña, en horario de mañá.
Con esta formación traballarás o teu empoderamento persoal e a búsqueda ou definición da túa idea de negocio.
Alumnas de anteriores edicións opinan:
«Satisfíxome moito a empatía, cordialidade e proximidade das formadoras; e sobre todo a forma de pór en valor as nosas capacidades que a miúdo non sabemos sacar cara a fóra».
«Encantada co taller, tanto pola iniciativa como pola forma de dalo».
Se estás pensando en emprender, ou comezando a planificar o teu proxecto…
Non o dubides: fórmate connosco!