Formación presencial para o emprego na Coruña

21-06-2016 / Centro Municipal Información ás Mulleres (CIM)
Formación presencial para o emprego na Coruña

O vindeiro martes 21 de xuño comezamos os talleres presenciais de apoio á procura de emprego, dirixidos a mulleres desempregadas.

Esta formación encádrase dentro dun proxecto financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, no cal poñemos á túa disposición os nosos servizos gratuítos de apoio. Teremos sesións de asesoramento individual, e tamén actividades en grupo presenciais e online.

Realizaremos dúas edicións dos talleres presenciais na Coruña, nos seguintes períodos:

  • xuño: do 21 ao 30
  • xullo: do 12 ao 21

Podes consultar aquí o catálogo de actividades, tanto presenciais como online.

Se estás interesada en asistir, ponte en contacto connosco no correo galicia@fundacionmujeres.es, ou chamando ao 981 29 40 97.

Mais información sobre o proxecto.

(Imaxe: Leandro Lamas)

Detalles del evento

Fecha de inicio: 21-06-2016

Fecha de fin: 29-09-2016

Lugar: Centro Municipal Información ás Mulleres (CIM)

Dirección: Hortensias, s/n

Ciudad: A Coruña