Espazo de Participación: Visita ao Museo Arqueolóxico – Castelo de San Antón

14-07-2022 / Castelo de San Antón
Espazo de Participación: Visita ao Museo Arqueolóxico – Castelo de San Antón

Dirixido a: Mulleres inactivas, desempregadas, coidadoras, ex coidadoras ou potenciais coidadoras de persoas con diversidade funcional.

Número máximo de participantes: 25

Data de celebración: 14 de xullo de 2022 en horario de 11:00 a 13:00 h.

Contidos:

Visita guiada ao Museo Arqueolóxico – Castelo de San Antón, monumento histórico-artístico dende 1994 e asentado nunha antiga fortaleza construída no século XVI. Dos séculos XVI ao XVIII foi un edificio defensivo e prisión, e máis tarde foi utilizado como lazareto para illar aos mariñeiros que chegaban á cidade afectados dalgunha enfermidade infecciosa.

Se estás interesada en participar podes poñerte en contacto con nós no teléfono 981 294 097 (Ext. 6001 ou 6006)

¡NON TE QUEDES SEN A TÚA PRAZA!

 

Esta actividade enmárcase no Servizo de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras no municipio de A Coruña, financiado polo Concello de A Coruña. 

Detalles del evento

Fecha de inicio: 14-07-2022

Fecha de fin: 14-07-2022

Fecha de fin de inscripción: 14-07-2022

Lugar: Castelo de San Antón

Ciudad: A Coruña