Espazo de Participación: Visita ao Castro de Elviña

03-08-2022 / Castro de Elviña
Espazo de Participación: Visita ao Castro de Elviña

Dirixido a: Mulleres inactivas, desempregadas, coidadoras, ex coidadoras ou potenciais coidadoras de persoas con diversidade funcional.

Número máximo de participantes: 25

Data de celebración: mércores 3 de agostoen horario de 11:00 a 13:00 h.

Contidos:

Visita guiada ao Castro de Elviña, que é un poboado protohistórico que estivo habitado entre o século III a.C. e o século IV d.C. Consta de tres espazos amurallados nos que as escavacións arqueolóxicas están sacando á luz as diferentes construcións que se poden observar na visita.

Se estás interesada en participar podes poñerte en contacto con nós no teléfono 981 294 097 (Ext. 6001 o 6006)

¡NON TE QUEDES SEN A TÚA PRAZA!

 

Esta actividade enmárcase no Servizo de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras no municipio de A Coruña, financiado polo Concello de A Coruña.

Detalles del evento

Fecha de inicio: 03-08-2022

Fecha de fin: 03-08-2022

Lugar: Castro de Elviña

Ciudad: A Coruña