Dirigido a:
Mulleres da comunidade autónoma de Galicia que sexan ou teñan sido coidadoras de persoas dependentes no ámbito familiar, especialmente usuarias de Cuidadanas.
Requerimientos técnicos: Dispor de móvil ou PC con conexión a Internet para poder acceder á sesión de Google Meet.
Número máximo de prazas: 20 prazas
Data de celebración:
- Xoves 18 de febreiro 10:30 a 12:30
Prazo de inscrición: Ata o 11 de febreiro de 2021.
Nesta charla, que levaremos a cabo o vindeiro xoves 18 as 10:30 en modalidade on line, da man de Sofía Cifuentes, Técnica de primeira acollida en ACCEM Coruña, falaremos sobre a orixe da palabra «refuxiado/a», reflexionaremos sobre quén son esas persoas que adoitamos ver pola tv, poñendo o foco nas mulleres e as súas motivacións para deixar atrás as súas familias, amizades, empregos… veremos algúns datos en España así como recursos existentes na Coruña para apoiar a estas persoas e tamén falaremos sobre que cousas podemos facer nós para axudar a persoas que se atopan nesta situación, achegando unha mirada crítica e desmontando falsas ideas que, frecuentemente, danse ao redor delas.
Se estás interesada en participar, apúntate a través do formulario de inscripción ou, se tes algunha dúbida ponte en contacto con nos a través do teléfono 981 294 097 (ext. 6001) ou envía un correo a saicgalicia@fundacionmujeres.es e explicaremosche cómo participar.
Esperámosche!
Esta actividade desenvolvese no marco do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.