Dirixido a: Mulleres inactivas, desempregadas, coidadoras, ex coidadoras ou potenciais coidadoras de persoas con diversidade funcional.
Número máximo de participantes: 45
Fecha de celebración: 27 de maio de 2022 en horario de 18:00 a 19:00 h.
Contidos:
Fundación Mujeres en colaboración coa ilustradora Isabel Pintado, a reposteira Teresa Fenellosa e a escritora Clara Martín presentan o libro “De mazá e canela. Contos con sabor e cor”, un libro que recompila trece historias en forma de contos protagonizados por trece mulleres aportando tamén unha receita en cada un dos relatos.
Se estás interesada en participar podes poñerte en contacto con nós no teléfono 981 294 097 (Ext. 6001 ou 6006)
¡NON TE QUEDES SEN A TÚA PRAZA!
Esta actividade enmárcase no Servizo de Apoio Integral a Mulleres Coidadoras no municipio de A Coruña, financiado polo Concello de A Coruña.