DANA, emprego e emprendemento en igualdade Segunda edición

06-09-2017 / Centro Cívico Castrillón

Fundación Mujeres inicia o programa DANA dirixido ao empoderamento das mulleres para o emprego e o emprendemento, que as acompaña no desenvolvemento de itinerarios de inserción laboral e de emprendemento.

Durante os meses de xullo a decembro, realizaranse obradoiros presenciais e titorizacións individuais co obxectivo de traballar as habilidades sociais e competencias para a empregabilidade por conta propia e allea, coñecer os recursos para a mellora da incorporación ao mercado laboral e traballar as competencias dixitais.

Os obradoiros dividiranse en tres módulos, dos que haberá cinco edicións:

EDICION II: Inicio 22 Agosto

  • Módulo 1:Habilidades e competencias para o autoemprego
  • Módulo 2:Competencias dixitais para o emprego
  • Módulo 3:Habilidades e competencias básicas para o emprego e o autoemprego

Se estás interesada ou coñeces a alguén que consideres lle poda ser de utilidade, non dubides en contactar connosco a través do mail galicia@fundacionmujeres.es e os telfs.: 981 29 40 97 /  663 20 23 80

O proxecto DANA está cofinanciado polo Concello da Coruña e o Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES).

Detalles del evento

Fecha de inicio: 06-09-2017

Fecha de fin: 20-09-2017

Fecha de fin de inscripción: 05-09-2017

Lugar: Centro Cívico Castrillón

Ciudad: A CORUÑA