Dirixido a: rapazada de 13 a 17 anos residentes na Coruña
Requerimentos técnicos: Dispor de PC ou dispositivo con conexión a internet
Número de prazas: 55
Datas de celebración: Do 3 ao 22 de decembro (o prazo de inscrición estará aberto do 23 de novembro ao 1 de decembro ou fin das prazas dispoñibles).
Contidos:
“A mocidade da Coruña como axente de prevención da violencia de xénero” é un proxecto formativo que nace coa intención de favorecer a construción de sociedades libres de violencias machistas a partir de accións de sensibilización e formación en materia de prevención de violencia de xénero dirixidas a persoas novas.
O curso, que será impartido íntegramente en galego, consta de cinco módulos:
MÓDULO 1 Violencia de xénero na Mocidade
MÓDULO 2 Mocidade, violencia de xénero e pantallas
MÓDULO 3 Mocidade, violencia de xénero e música
MÓDULO 4 Violencia de xénero e desigualdade nos espazos de lecer
MÓDULO 5 Estratexias para a prevención da violencia de xénero na mocidade
Importante: Se es menor de idade, deberás contar coa AUTORIZACIÓN EXPRESA do teu pai, nai, titor ou titora legal.
Para participar, podes preinscribirte neste formulario de pre-inscripción.
Para calqueira consulta, podes contactar coa Delegación de Fundación Mujeres en Galicia:
no teléfono 981 294 097
ou a través do correo coruna@fundacionmujeres.es
Proxecto subvencionado polo Concello de A Coruña.