Diríxese principalmente a rapazada de 13 a 17 anos residentes na Coruña. Tamén poden participar persoas maiores de idade con vínculos á Comunidade Educativa, que interveñan con adolescencia e mocidade.
Fundación Mujeres abre hoxe o prazo de inscrición para a o curso “A mocidade da Coruña como axente de prevención da violencia da xénero”. Trátase dunha actividade formativa financiada polo Concello da Coruña.
E un proxecto formativo que nace coa intención de favorecer a construción de sociedades libres de violencias machistas a partir de accións de sensibilización e formación en materia de prevención de violencia de xénero dirixidas a persoas novas.
Unha formación que, partindo dos intereses da poboación nova e os novos modelos de relación da sociedade actual, integra diferentes eixos centrais da prevención da violencia de xénero, incluídas novas formas de violencia de xénero a través de redes sociais -ciberviolencias- e a sensibilización e prevención da violencia sexual, o uso de espazos e o acoso sexual en espazos públicos.
Prazas limitadas: 40
O curso, de 20 horas de duración, é de balde e online.
Este curso, que será impartido integramente en galego, consta de cinco módulos:
- MÓDULO 1. Violencia de xénero na Mocidade
- MÓDULO 2. Mocidade, violencia de xénero e pantallas
- MÓDULO 3. Mocidade, violencia de xénero e música
- MÓDULO 4. Violencia de xénero e desigualdade nos espazos de lecer
- MÓDULO 5. Estratexias para a prevención da violencia de xénero na mocidade
Para realizar o curso é necesaria facer unha pre-inscrición que se pode atopar dispoñible na seguinte ligazón.
Agardámoste!
Aquelas persoas que obteñan praza, recibirán un correo de admisión coas instrucións de acceso á plataforma. Certificado por Fundación Mujeres, o curso realízase na súa totalidade a través da Plataforma de Formación Online de Fundación Mujeres.