Voltan as Conversas entre Empresarias na Coruña e Santiago

18-06-2015 / Libraría Berbiriana
Voltan as Conversas entre Empresarias na Coruña e Santiago

Voltan as Conversas entre Empresarias na Coruña e Santiago

Esta actividade nace co obxectivo de ser unha ferramenta para o voso desenvolvemento profesional. Todas as empresarias tedes moito que aportar e compartir, polo que nos imos reunir mensualmente. Falaremos das nosas empresas, compartiremos as nosas experiencias e aprenderemos xuntas.

A CORUÑA:

A partir de xuño, as conversas serán o terceiro xoves de cada mes la Libraría BERBIRIANA, en horario de 19 a 21h.

O vindeiro día 18 aproveitaremos para reatopármonos, e falaremos, entre outros temas, acerca de técnicas de venda que nos funcionan. Para asistir, unicamente tes que realizar a túa inscrición neste Formulario.

SANTIAGO:

Un grupo de empresarias do Círculo de Empresarias da Fundación Mujeres vai comezar coa organización en Santiago destas conversas mensuais. O lugar de celebración e a hora están pendentes de definir. Se che interesa participar, tanto na propia conversa como na súa organización, cubre este Formulario. Poñerémonos en contacto contigo.

Detalles del evento

Fecha de inicio: 18-06-2015

Fecha de fin: 18-06-2015

Lugar: Libraría Berbiriana

Ciudad: A Coruña